
O Pompeo, na cidade de Ourense, acollía no mediodía do 14 de novembro o derbi entre os dous equipos ourensáns que compiten na segunda división da liga galega sénior masculina de voleibol. Nel medíanse o CVO Aceites Abril JM, que xogaba na casa, e o Dompavolei-Barco.
Finalmente o derbi lévabao o equipo local, cun resultado de 3 a 0. “Tras un comezo incómodo nunha pista atípica para o voleibol na categoría sénior (polas dimensións exteriores da pista regulamentaria), o Dompavolei-Barco non empezou cómodo. Estaba desubicado e arrastraba unha alta porcentaxe de fallo no saque, e iso sumado ás baixas no cadro titular, que afectaba principalmente na recepción, fixo que caira ante un rival superior que se mostrou cómodo en casa”, explican dende o equipo barquense, que xa prepara as novas xornadas e non perde a ilusión.
Fotos cedidas.
