OurenseÚltima hora

Desactivada a situación de nivel 2 no incendio de Fumaces e A Trepa (O Riós)

Esta medida preventiva decretouse onte pola proximidade ao núcleo de poboación de Fumaces

Foto: @BrifLaza.

 

A Consellería do Medio Rural informa de que se vén de desactivar a Situación 2 no incendio forestal do concello ourensán do Riós, parroquia de Fumaces e A Trepa. Esta situación operativa de emerxencia foi declarada onte pola proximidade do lume ao núcleo de poboación de Fumaces.

O incendio iniciouse onte ás 16,54 horas e quedou estabilizado ás 13,06 de hoxe. Segundo as últimas estimacións provisionais feitas públicas pola Consellería do Medio Rural, afecta unha superficie de 30 hectáreas.

Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora, 3 técnicos, 14 axentes, 22 brigadas, 16 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 7 avións.

Back to top button