
Fin de semana marcada polos incendios forestais na veciña provincia de León e, ademais, en zonas moi próximas á comarca de Valdeorras. Así na xornada deste 10 de agosto rexistrábase un novo incendio de nivel 2 en Villaverde de los Cestos que se suma aos que continúan activos en Yeres, no concello de Puente de Domingo Flórez, e Llamas da Cabrera (Benuza), no mesmo nivel de alerta, segundo os datos de Inforcyl.

No incendio de Yeres, activo dende as catro e media da tarde do 9 e agosto e xunto á paraxe das Médulas (Patrimonio da Humanidade), traballan na súa extinción máis dunha vintena de medios: 5 Técnicos; 8 axentes medioambientais.; 2 HK-VILLARES; 1 HT-QUINTANILLA; 1 HT-CUETO; 1 ACO-TALAVERA; 1 HOTEL; 1 HT-VILLARDECIERVOS; 2 ELIF; 3 Bulldozer; 6 Autobombas; 7 Cuadrillas de terra; 3 Cuadrillas Nocturnas; 1 Unidade de Intervencion UME; UAT PMA CYL.

Esta tarde complicábase a situación e isto obrigaba a desaloxar á veciñanza de Médulas, Orellán, Borrenes, Voces e Carucedo e o lume xa a afecta ao Parque das Médulas, Patrimonio da Humanidade.
No incendio de Llamas de Cabrera, que se iniciaba o 8 de agosto ás 21:06h., levan traballado na súa extinción os seguintes medios: 4 Técnicos; 10 A.M.; 1 HT-CAMPOSAGRADO; 1 HT-QUINTANILLA; 2 AA-MATACAN; 1 ACO-TALAVERA; 2 HT-ROSINOS; 1 ACT-ROSINOS; 1 2HT-LUBIA; 1 HT-CUETO; 1 ACO-VIRGEN DEL CAMINO; 5 ELIF; 4 BRIF; 1 Bulldozer; 5 Autobombas; 7 Cuadrillas de terra; 1 Unidade de brigada e Autobomba; PMA_CYL1; CAMION 112.
Xunto a estes tres lumes, mantéñense activos os de Orallo (Villablino) e Fasgar (Murias de Paredes), estes en nivel 1.
Fotos e vídeos cedidos.
