ConcellosManzanedaTrivesÚltima hora

Desconfinado o campamento infantil que estaba na Estación de Montaña de Manzaneda

Imaxe da pasada tarde do incendio na Estación de Montaña de Manzaneda./ Cedida.

 

Logo dunha noite complexa polo incendio forestal que afectaba a partir da pasada tarde á Estación de Montaña de Manzaneda, esta mañá desconfinábase o campamento infantil que estaba nas súas instalacións e, ás 10h. deste 13 de agosto, os rapaces baixaban en autobús dende a estación ata o Complexo Deportivo de Monterrei, segundo puido confirmar este medio de comunicación.

 

Back to top button