OurenseÚltima hora

Desencravo e procesión dos Caladiños no Castro Caldelas

 

Entre os actos da Semana Santa que se está a celebrar no Castro Caldelas estaba a tradicional procesión dos Caladiños, que se celebraba tras o desencravo do Cristo no Santuario dos Remedios na tardiña do Venres Santo.

Máis de 150 persoas participaron caracterizadas para procesionar participaban nesta comitiva, que percorría o casco histórico da vila. Tamén participaron os membros da Real Confraría do Cristo da Unción e a Nosa Señora da Serenidade de Santiago de Compostela cos que están irmandados. Os Bombos de O Irrio de Caldelas poñían a nota musical nunha noite solemne.

Neste Sábado Santo, a alcaldesa do Castro Caldelas, Sara Inés Vega, presidía a procesión en Santiago de Compostela acompañada por 60 membros da Confraría dos Remedios.

Fotos cedidas.

 

Back to top button