Ante a previsión de chuvia, en concellos como Quiroga decidían aprazar o Desfile de Entroido pero en Rubiá mantíñano. E así, baixo a fina auga, na tarde deste domingo 15 de febreiro desfilaban as comparsas dende a praza enchendo un ano máios de cor e ritmo a localidade.
Varias comparsas, algunhas do municipio e outras chegadas de concellos veciños como Vilamartín de Valdeorras levaban o espírito carnavalesco e a imaxinación polas rúas deste concello valdeorrés.






Fotos: O SIL.