Marce Sutil Sutil, encargado do turno de celadores no Hospital Público de Valdeorras, convidaba o 30 de xaneiro aos seus compañeiros neste centro a unha pinchada na cafetería con motivo da súa xubilación. Son xa máis de 25 anos os que levaba traballando no hospital barquense no centro.

Deste xeito despedíase dos seus compañeiros, que o recibían ese día con aplausos e saúdos. Nesta celebración tamén estaba acompañado pola súa muller e filla e nela non faltaban as sorpresas nin os agasallos.
Fotos cedidas.
