Entre moitas apertas, bicos e agasallos e o agarimo dos seus compañeiros, José Anta despedíase no mediodía deste 17 de outubro do Hospital Público de Valdeorras no Barco, onde leva traballando catro décadas, “foi unha gran vivencia estiven nuns serivoz moi bonitos”, comenta. Comezaba como celador, un labor que desenvolvía ao longo de 20 anos, “algo sumamente gratificante, unha experiencia incrible porque eramos un equipo coordinado e completo”.
Despois iniciaba outra etapa profesional, como técnico en documentación clínica, levando a atención ao paciente, posto no que se mantivo ata actualidade e no que se xubila. De feito, foi o primeiro técnico en documentación clínica do hospital valdeorrés. “No hospital do Barco fomos pioneiros, xunto co de Monforte de Lemos e o de Verí ma montaxe da atención ao paciente tal e como está agora. Teño que dicir que foi unha experiencia moi gratificante e no eido da documentación clínica aquí avanzouse moitísimo porque mesmo se lle facilitan aos pacientes as imaxes, os resultados, toda a documentación que necesitan”.



Agora este barquense dá paso a unha nova etapa, na que deixa atrás o mundo laboral e vaise contento, moi agracedido, pero tamén cun certo pouso de tristura. “Quero das as grazas a todo o mundo que estivo comigo, tanto dentro do hospital, como fóra. Cando digo fóra refírome aos pacientes, realmente a xente é moi agradecida, cando realmente o que facemos é o noso traballo. Síntome moi contento e tamén un pouco triste, pero a vida continúa”, comenta José Anta.





Numerosos compañeiros, tanto persoal sanitario como do eido da xestión e da administración do Hospital do Barco, despedíano neste mediodía cunha petiscada na cafetería do centro, na que non faltaban os detalles e os agasallos.
Fotos: Carlos G. Hervella.
