ConcellosO BarcoÚltima hora

Despedidas e felicitacións, no pleno de renuncia de Alfredo García como alcalde

 

Tras 26 anos presidindo Concello do Barco, neste 18 de agosto, Alfredo García presidía o seu derradeiro pleno como alcalde. Tal e como anunciaba o 1 de agosto, nesta sesión plenaria daba conta á Corporación da súa renuncia ao cargo, ante o cal o seu primeiro tenente de alcalde, Aurentino Alonso, vén de asumir á alcaldía en funcións.

 

 

Nesta sesión plenaria, García dicía, facendo un resumo e balance da súa xestión, tamén recibía as palabras de despedida dos grupos da oposición (BNG e PP) e do grupo de goberno socialista, á fronte do cal estivo 26 anos.

Era momento de saúdos, emotivas despedidas e tamén felicitacións, nun pleno no que estivo acompañado por parte da súa familia.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Back to top button