ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

Despréndense chapas do polideportivo de Calabagueiros (O Barco)

A zona foi acordoada pola Policía Local, que está a regular o tráfico nese punto mentres os bombeiros traballan para evitar danos

 

A causa das fortes rachas de vento que se están a rexistrar nesta tarde desprendíanse algunhas chapas da cuberta do pavillón polideportivo de Calabagueiros na vila do Barco. Ata o lugar desprazábase de inmediato a Policía Local do Barco que procedía a precintar os accesos á zona dende as beirarrúas na avenida Conde Fenosa. Ademais desprazábanse ata o lugar dous camións do parque de bombeiros comarcal co fin de intervir para evitar novos desprendementos.

 

 

Debido a esta situación, o carril que dá acceso á avenida Conde Fenosa dende a rotonda de Cedie está cortado ao tráfico entrante na vila, que se desvía pola rúa Calabagueiros  (a que vai por detrás do polideportivo).

No lugar tráfico está sendo regulado pola Policía Local. Polo tanto precaución tanto para peóns como para vehículos ao circular por esa zona.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button