ConcellosO BarcoÚltima hora

Despréndense partes dunha antiga casa na rúa San Roque do Barco

 

Na tardiña do 14 de novembro, arredor das seis e media, desprendíanse pedras que formaban parte dunha antiga casa na rúa San Roque, na zona antiga do Barco. A veciñanza sobresaltábase cun tremendo ruído e despois comprobaban como restos desta vella edificación, entre eles grandes cantos rodados, caían na área que ocupaba antigamente (hoxe usada a modo de parque e polo que pasan os veciños) e tamén na propia rúa.

Afortunadamente non houbo que lamentar danos persoais. A rúa foi limpada dos restos caídos e o lugar do derrube está precintado.

Fotos: O SIL.

 

Imaxe, tras a caída, na pasada tarde./ Foto cedida.

 

Back to top button