ConcellosO BarcoÚltima hora

Despréndese o lateral dun edificio no Paseo do Malecón do Barco como consecuencia do forte vento

 

Como consecuencia das intensas rachas de vento desta tarde contra as 19h., comezaban a desprenderse partes do lateral dun edificio situado na confluencia entre o Paseo do Malecón e a rúa Abdón Blanco. Ata o lugar do suceso desprazábase de inmediato a Policía Local do Barco.

Prégase moita precaución ao circular polas proximidades do lugar xa os restos do edificio son arrastradas polo vento tanto polo Malecón como pola rúa Abdón Blanco.

 

Back to top button