DeportesKárateÚltima hora

Destacados resultados para o River Stone do Barco no campionato galego infantil de karate

 

Boa actuación valdeorresa no Campionato Galego Infantil de karate e Copa cadete, que se desenvolvía na pasada fin de semana, en concreto o 14 marzo no Pavillón Fontes do Sar de Santiago de Compostela. Alí os karatekas do Club River Stone do Barco lograban os seguintes resultados:

Kumite Infantil Masc >45kg
1° posto: Éric Rodríguez Carballo

Kata Cadete Masculino
2° posto: Nazan Barreda

Kumite Infantil Fem <36kg
3º posto: Laia Yáñez González

Así mesmo dende o club destacan o quinto posto de Laia Yáñez González en Kata Infantil Feminino; o sétimo posto de Diego López Puey en Kata Xuvenil Masculino; e o noveno posto de Daniela Rodríguez Fernández en Kata Xuvenil Feminino.

Fotos cedidas.

 

Back to top button