
A Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense, no marco da Operación LENO OU, procedía á detención o día 15 de decembro dun home na Coruña e dunha muller na comarca de Valdeorras, como presuntos autores de delitos de agresión sexual e tenencia e distribución de pornografía infantil.
Os detidos foron postos ao dispor xudicial que decretou prisión provisional sen fianza., segundo informa a Comandancia da Garda Civil de Ourense.