OurenseÚltima hora

Detida unha persoa e investigada outra como presuntas autoras de 4 delitos de roubo con forza na provincia

 

O Equipo Roca da Garda Civil de Ourense, no marco da Operación “REXOU”, procedía á detención dun veciño de Ourense e investigaba a outro home veciño do Regueiro- O Pereiro de Aguiar, que se atopa recluso por outras causas no Centro Penal do Pereiro de Aguiar.

A investigación iniciábase a partir dun roubo con forza ocorrido o día 16 de setembro de 2025 nun restaurante de Luíntra-Nogueira de Ramuín. No devandito roubo os presuntos autores dirixíronse a esta localidade no vehículo dun deles e, unha vez alí ,violentaron a porta do establecemento sacando ao exterior a máquina tragaperras para, seguidamente, subila ao vehículo e abandonar o lugar, dirixíndose á localidade do Regueiro onde procederon a extraer o caixetín coa recadación da máquina que ascendía a 3.000€, segundo informa a Garda Civil

O día 20 de setembro tiñan lugar 3 delitos de roubo con forza, esta vez en tres establecementos da localidade da Valenzá-Barbadás, un deles nun local de hotelaría, outro de conxelados e un en grao de tentativa nunha gardería infantil.

“Por parte dos axentes investigadores lógrase reunir indicios suficientes para determinar que o home que se atopa interno no citado centro penal puidese ser o presunto autor dos mesmos. A persoa detida pasou ao dispor do Xulgado que entende da causa, na mañá de hoxe, decretándose a súa liberdade con cargos”, segundo indica a Garda Civil.

Back to top button