OurenseÚltima hora

Detida unha persoa en Ourense dedicada á importación e venda ilegal de aves protexidas

Trátase dunha operación conxunto da Policía Nacional e da Garda Civil

Imaxe: Policía Nacional/ Garda Civil.

 

Axentes da Policía Nacional, nunha operación conxunta coa Garda Civil, detiveron a un integrante dunha organización criminal con conexións internacionais dedicada á importación ilegal de aves protexidas. Ademais do arrestado hai dúas persoas imputadas non detidas que tamén colaboraban coa organización.

“Anunciaba as aves a través da súa canle nunha coñecida rede social.  A investigación iníciase cando os axentes tiveron coñecemento de que unha persoa en Ourense vendía aves protexidas polo Convenio Internacional CITE, falsificando entre outras cousas, os certificados sanitarios. Os animais eran anunciados a través dunha canle dunha coñecida rede social cuxo titular era o investigado, mostraba as especies que criaba, sendo este un medio publicitario a través do que podían contactar os clientes”, tal e como informan as forzas de seguridade.

Os clientes realizaban os pagos a través de diferentes plataformas e, unha vez feito o primeiro ingreso, o arrestado solicitaba máis antes de proceder á entrega da ave, chegando a un total de máis de 1.000 euros, chegando nalgunhas ocasións a non entregarse o animal.

Cando a especie era entregada, traía con ela certificados sanitarios falsificados principalmente sobre a chlamydia, “tratándose dunha bacteria susceptible de ser transmitida aos seres humanos, podendo causar graves riscos para a saúde, incluso a morte. Os informes veterinarios eran realizados principalmente en dous centros”, segundo as forzas de seguridade, que matizan así mesmo que “quedou acreditado o constante incumprimento da lexislación en canto a trámites de importación, falsificación de documentos, estafas e o tráfico de especies protexidas”.

Artigos relacionados

Back to top button