
O Equipo EDITE da Comandancia da Garda Civil de Ourense, no marco da Operación PESCA OU, detivo a unha veciña de Madrid de 56 anos de idade e imputou a unha veciña de 40 anos de Parla (Madrid), como presuntas autoras dun delito de estafa en Valdeorras.
“O 12 de xuño de 2024, a Garda Civil do Barco de Valdeorras recolle unha denuncia dun empresario da zona na que relata, que recibiu unha factura dun provedor, por valor de 80.678 euros, que fixo efectivo os pagos en dous prazos e tiña un prazo pendente, cando se decatou de que a factura fora interceptada e cambiouse o número de conta bancaria para facer o ingreso”, segundo a Garda Civil.
Durante a investigación a Garda Civil procedeu a bloquear na conta bancaria receptora do diñeiro estafado a cantidade de 54.730 euros, que era a que o empresario abonara.