
O Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil do Barco de Valdeorras, en colaboración co Equipo Roca da Rúa e no marco da operación COMPAY OU (segunda fase), procedía á detención o día 2 de maio de tres veciños do Barco como presuntos autores dun delito contra a saúde publica-trafico drogas e un delito de atentado a axentes da autoridade.
Os detidos foron interceptados cando circulaban cun vehículo pola estrada Nacional 120 termo municipal Rubiá, portando 1 quilo de cocaína e 103 gramos de anfetaminas. Na detención opuxeron resistencia intentando agredir aos axentes, segundo informa a Garda Civil. A operación culmina con 11 detidos.