ConcellosO BarcoÚltima hora

Detido o autor dun roubo nun vehículo nun garaxe do Barco

 

Vén de ser detido o autor dun dos últimos roubos rexistrados no Barco, en concreto, o que se producía nun vehículo que estaba nun garaxe deste municipio. Despois dunha laboriosa investigación levada a cabo pola Garda Civil do Barco de Valdeorras, o autor foi detido coa colaboración fundamental da Policía Local xa que esta persoa ofreceu gran resistencia, segundo fontes policiais.

Así mesmo os obxectos subtraídos foron localizados e recuperados pola Policía Local, o autor foi posto ao dispor xudicial no día de hoxe, determinando o seu ingreso en prisión.

Back to top button