OurenseÚltima hora

Detido un veciño da comarca de Monterrei como presunto autor dun delito de incendio forestal

A Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia de Ourense, detivo a un veciño da comarca de Monterrei de 63 anos de idade, como “presunto autor dun delito de incendio forestal” O incendio iniciouse o 13 de agosto de 2025 en Vilardeciervos e afectou a 1800 hectáreas, coa necesidade de confinar a dúas poboacións. O detido pasou a disposición do Xulgado de Instrución de Verín.

 

 

Por outra banda, a Garda Civil de Luiítra en colaboración con axentes do Subsector de Tráfico de Ourense, detiveron ás 19:50 horas do 25 de xullo a dous veciños de Ourense de anos de 47 e 44 anos de idade, como “presuntos autores dun delito de roubo con forza nas cousas, despois de ser sorprendidos con varios efectos, que subtraeran nun almacén sito na Derrasa (Pereiro de Aguiar)”. A Garda Civil recibiu unha chamada na Central alertando do roubo, trasladada a Garda Civil ao lugar comprobou como os dous detidos fuxían a pé do lugar portando o material subtraído.

 

 

Imaxes: Garda Civil.

Back to top button