OurenseÚltima hora

Detido un veciño de Ourense como presunto autor de roubo con forza en dous establecementos comerciais do Carballiño

 

O pasado día 17 de setembro a Garda Civil do Carballiño detiña o a un veciño de Ourense de 37 anos de idade, como “presunto autor de dous roubos con forza cometidos en dous establecementos comerciais de Carballiño”.

A Garda Civil tivo coñecemento dun roubo a través dunha chamada telefónica da encargada dun dos establecementos, polo que se trasladou ao lugar para montar un dispositivo de procura pola zona, localizando ao detido oculto no interior dun portal próximo ao lugar do roubo. “Incautáronselle 230 euros e unha chave de parafusos (obxecto utilizado para forzar a porta de entrada ao local)”, indican, asegurando que no transcurso da detención a Garda Civil “tivo coñecemento doutro roubo pola zona, e tras revisar as cámaras de seguridade, constátase que se trata da mesma persoa”.

 

Back to top button