ConcellosO BarcoÚltima hora

Detido un veciño do Barco como presunto autor de 30 delitos de roubo en garaxes desta vila

 

O Equipo Roca da Garda Civil da Rua procedía á detención, o día 5 de maio, dun veciño do Barco de Valdeorras de 36 anos de idade como presunto autor de 30 delitos de roubo cometidos no interior de garaxes comunitarios na localidade do Barco de Valdeorras.

O día da detención levaba no seu vehículo varios obxectos subtraídos. O caso está dende o 6 de maio no Xulgado de Instrución do Barco. Dende a Garda Civil explica, que “este detido leva, desde agosto de 2024, 7 detencións e 5 investigacións por roubos similares. Sendo a última o 31 de marzo”.

Artigos relacionados

Back to top button