ConcellosEn portadaGalerías de fotosO BoloÚltima horaVídeos

Devoción no Viacrucis de Venres Santo nas Ermitas (O Bolo)

Numerosas persoas participaban nesta celebración relixiosa que percorría o chamado "Camiño de deserto" e cuxa derradeira estación está no cemiterio

 

Do adro do Santuario das Ermitas (O Bolo) partía ás 11:30h. deste Venres Santo o seu tradicional Viacrucis. Trátase dun dos actos centrais da Semana Santa desta localidade e reunía a multitude de persoas, algunhas das cales chegaban camiñando en peregrinación dende concellos cercanos como poden ser os de Manzaneda ou Viana do Bolo.

Tras a saída dunha gran cruz en madeira portada polos nazarenos, e dos pasos que tradicionalmente a acompañan (os da Virxe Dolorosa, Verónica, San Xoán e un paso do prendemento de Cristo), ás comezaba o calvario, cuxas catro primeiras estacións (con fermosas capelas e esculturas) están situadas no mesmo adro do santuario bolés. Os participantes miraban o ceo xa que, pese ao sol, temíase que a chuvia puidera aparecer en calquera momento.

 

 

A partir de aí iniciábase un longo e empinado traxecto, coñecido como o “Camiño do Deserto”, ata chegar á derradeira estación, a da Resurrección (número XV), situada no cemiterio. Era xustamente na parte final do Viacrucis cando comezaba a chover, se ben, cesaba pouco antes do remate do acto.

 

 

Durante o traxecto, no que había persoas ofrecidas, algúns feieis lavaban o rostro nas fontes situadas no traxecto do viacrucis, como é o caso da Dormiñona.

 

 

Para velar pola seguridade dos asistentes e coordinar o tráfico na zona, organízabase un operativo que contaba coa participación de voluntarios das Agrupación de Protección Civil do Bolo, Manzaneda, Petín e Trives.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button