
O XIV Concurso Internacional de Viños Bacchus 2026, que se desenvolvía do 24 ao 26 de marzo en Madrid, deixaba unha decena de galardóns para viños amparados pola Denominación de Orixe Valdeorras. Entre eles sobresae o Gran Bacchus de Ouro que lograba o Guitián Xove 2025 da Adega A Tapada.
Ademais, eran distinguidos con Bacchus de Ouro A Traba 2025 e Codos de Larouco 2024, ambos de Viña Costeira SCG, o Joaquín Rebolledo Finca Trasdairelas 2024 (Adega Joaquín Rebolledo), O Luar do Sil godello sobre lías 2024, O Luar do Sil godello vides de Córgomo 2024 e O Luar do Sil Tostado (no apartado de viños xenerosos e doces), todos da Adega Pago de los Capellanes, ademais do Joaquín Rebolledo tinto barrica 2023.
Finalmente, outros viños valdeorreses eran recoñecidos con Bacchus de Prata: Costeira mencía 2025 (Viña Costeira) e Quinta de Peza Oro 2023 (Quinta da Peza).