O sábado 23 de maio celebrábase a terceira xornada da Liga Galega de Karate que reunía no pavillón municipal de Maceda a máis de 650 deportistas procedentes de 35 clubs que converten a Ourense no epicentro do karate galego. Cabe destacar o importante protagonismo ourensán nesta competición coa participación de 4 clubs da provincia: o Karate Club Maceda (anfitrión), o Club de Karate Xinzo de Limia, o Mizukami de Ribadavia e o River Stone do Barco de Valdeorras. Estes catro clubs ourensáns achegaron un total de 185 deportistas á competición, o que demostra a excelente saúde do karate na provincia. Ademais, o torneo conta coa participación de tres clubs portugueses, o que reforza os lazos transfronteirizos a través do deporte.

No caso do Karate Club River Stone O Barco, lograba un total de 10 medallas. seis lográbanas na modalidade de Kata (un ouro, tres pratas e dous bronces) e outras catro na modalidade de Kumite (tres pratas e un bronce).
Kata Benxamín Masculino iniciación
2° Hugo Esteves Trincado
3° Daniel García-Moreno Ortiz
Kata Xuvenil Masc. Iniciación
2° Diego Merencio Moral
Kata Cadete Masc. Avanzado
1° Diego Prada Rodríguez
3° Nazan Barreda Fernández
Kata Júnior Masculino Avanzado
2° Brian Rodríguez Carballo
Kumite Infantil Masc. >45kg Avanzado
2° Éric Rodríguez Carballo
Kumite Xuvenil Masc. <35kg Avanzado
2° Raúl Pérez Panizo
Kumite Xuvenil Fem. <47kg Iniciación
2° Daniela Rodríguez Fernández
Kumite Júnior Masc. <61 kg
3° Brian Rodríguez Carballo
Dende o club destacan os seguintes postos:
Kata Alevín Feminino Iniciación
5º Melina González Borges
Kumite Xuvenil Masc. <35kg Avanzado
5° Diego López Puey
Kata Xuvenil Masc. Avanzado
7° Diego López Puey
Kata Xuvenil Feminino Avanzado
7° Daniela Rodríguez Fernández
Kata Cadete Fem. Avanzado
7° Cloe Yáñez González
Kumite Cadete Fem. <47 kg Avanzado
7° Aina Moral Castro
Kata Infantil Masc. Iniciación
9° Miguel Alexandre Dias Cardoso