O Servizo de Atención ao Paciente e Humanización da Área Sanitaria de Ourense e a Fundación Stanpa ofrecían na mañá deste xoves 9 de outubro un novo obradoiro presencial para o coidado da pel e maquillaxe orientado para apoiar a mulleres con cancro, axudándoas a restablecer a súa propia imaxe, recuperar a autoestima e levar adiante a súa loita contra a enfermidade con maior confianza, a través da implantación en España do programa internacional “Ponte guapa, sentirás mellor”.
Nesta actividade estiveron presentes a Coordinadora de programas da Fundación Stanpa en Galicia, Valeria de León, unha profesional de estética voluntarial que impartiu o obradoiro, a Xefa de Servizo de Atención ao Paciente e Humanización, Belén Piñeiro, a Psicólga Clínica, Nuria Seijas Fernández, e voluntarias da AECC en Ourense.
Esta actividade que comezou en Ourense na época da pandemia COVID, na súa versión on-line, mudou á forma presencial hai dous anos e na mañá de hoxe un grupo de dez pacientes recibiron os consellos destas voluntarias profesionais da beleza que as guiaron a través dos 12 pasos esenciais para o coidado da pel e o uso da maquillaxe.
Estes obradoiros son promovidos pola Fundación Stanpa, que é unha organización sen ánimo de lucro promovida pola Asociación Nacional de Perfumería e Cosmética, e colaboran en estreita coordinación cos equipos de oncoloxía e enfermería oncolóxica dos hospitais e coa axuda da Asociación Española contra o cancro organizando periódicamente estas actividades grupais para o coidado da pel e o maquillaxe.
Belen Piñeiro, xefa de Servizo de Atención ao paciente e Humanización do Hospital Universitario de Ourense, resalta “a importancia desta actividad grupal que é moi gratificante para as mulleres participantes porque as empodera no proceso da súa enfermidade e aumenta de xeito considerable a súa autoestima”.
“Durante os procesos oncolóxicos a imaxe corporal sufre moitos cambios que poden afectar a á identidade e a autoestima das mulleres” explica Nuria Seijas, psicóloga Clínica do CHUO. “Obradoiros com este axudan a reconectar co seu propio corpo desde o coidado e desde a aceptación, e pode ser unha semente que permita un cambio máis profundo para afrontar o proceso da enfermidade”. A especialista destaca que mellora o estado anímico e axuda a compartir con outras persoas que están pasando polo mesmo a estar un pouco máis acompañadas.
Os produtos cos que levan a cabo os obradoiros, son doados polas empresas e expertos en cosmética. Así mesmo, conta coa participación de voluntarios especialmente formados para ensinar aos pacientes para recuperar a súa expresión tras os efectos adversos dos tratamentos oncolóxicos. O valor está en que, nesta etapa especialmente difícil para a muller, a cosmética é un instrumento de apoio para manter a autoestima, a confianza e a forza necesarias para enfrontarse á enfermidade.
Existe evidencia da relación entre a participación das mulleres neste tipo de actividades e a súa mellora do estado de ánimo. Durante o tratamento, o corpo, cabelo ou pel poden experimentar algúns cambios, así que é pódense adaptar os coidados ás novas necesidades porque coidar o aspecto, ademais de mellorar o estado de ánimo, diminúe o nivel de ansiedade, aumenta a autoestima e facilita a interrelación coas persoas.
Fotos e vídeos cedidos.