
Un ano máis o alumnado do Colexio Pablo VI-Fátima da Rúa celebra o English Word ou Día das Letras Inglesas cunha iniciativa moi especial na que os escolares practican o reading, writing, espeaking and listening, dentro e fóra do centro.
Así, na mañá deste mércores 18 de xuño un grupo desprazábanse ata a Biblioteca Municipal da Rúa xunto ás profesoras do departamento de inglés, Rocío Illescas e Cristina García, para levar a cabo a iniciativa na que destaca unha pequena representación, nesta ocasión dunha historia de ciencia ficción.

Fotos e vídeo cedidos.