DeportesÚltima hora

Día grande para o C.F.S Baloncesto O Barco no “Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade”

Día grande para o C.F.S Baloncesto O Barco no III Torneo “Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade”, que tivo lugar na xornada de hoxe, 17 de maio, no pavillón “O Pompeo”. Tanto os Cadetes coma os Junior fixéronse coa pista. En concreto, na categoría infantil gañaron 60 a 16 contra o Ames.

Seguidamente, os Cadetes venceron ao Ball Ourense por 48 a 18 puntos. Nesa mesma categoría, pero contra o Ames, tiveron unha vitoria máis axustada, con 35 puntos por parte dos de Valdeorras, fronte aos 34 dos seus opoñentes. Tamén o Barco venceu ao COB en categoría infantil.

En canto a Junior, o Barco obtivo unha vitoria máis que vantaxosa fronte ao Ames, con 54 a 25 puntos.

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button