CulturaCulturaÚltima hora

Día Mundial da Poesía, a Árbore e a Auga na Insua dos Poetas, o vindeiro 18 de marzo

 

Coincidindo coa entrada da primavera, o vindeiro mércores 18 de marzo, a partir das 11h., terá lugar na Insua dos Poetas, a Celebración do Día Mundial da Poesía, a Árbore e a Auga. A Fundación Insua dos Poetas (en  Esgueva, Madarnás, O Carballiño) vén realizando anualmente esta actividade desde o 2010 en colaboración cos centros de ensino desta comarca.

É o propio alumnado de primaria, ESO e Bacharelato, xunto co profesorado o que participa nesta Celebración da Poesía, a Árbore e a Auga mediante actuacións musicais, recitais de poemas e sketchs teatrais.

Nesta edición de 2026, dedicada a Ramón Otero Pedrayo, no 50 aniversario do seu falecemento, está prevista a participación de 9 centros de ensino, 7 da comarca do Carballiño e 2 de Ourense.

O programa contará con dúas partes: as actuacións dos escolares e a plantación de árbores autóctonas, tamén a cargo dos alumnos.

Participarán os seguintes centros da Comarca de O Carballiño:

· CEIP Calvo Sotelo
· CEIP Nosa Señora de Xuvencos
· CEIP Virxe da Pena da Sela
· CPI Virxa da Saleta
· CPI Terras de Maside.
· CPR Vila do Arenteiro
· IES Manuel Chamoso Lamas

Participarán os seguintes centros de Ourense:

· CEIP Amadeo Roodríguez Barroso
· CEIP Virxe de Covadonga

Total: 450 alumnos e alumnas.

 

Back to top button