DeportesKárateÚltima hora

Diego Prada (KC River Stone) logra a prata en estilo Shotokan na Copa de España de Estilos Internacional

 

Os karatekas do KC River Stone do Barco seguen dando alegrías ao club. Un dos seus deportistas, Diego Prada Rodríguez lograba unha medalla de prata en estilo Shotokan, na Copa de España de Estilos Internacional de Karate que se celebra esta fin de semana no polideportivo “La Dehesa” Alovera, en Guadalaxara.

Diego competía na xornada deste sábado 30 de maio en kata cadete masculino e xunto a el viaxaban ata Guadalaxara Raúl Pérez, que lograba o 5º posto en xuvenil masculino; e Aina Moral, co 7º posto en cadete feminino, ademais do mestre Nicolás Rodríguez.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button