
Unha vez rematada a competición é momento de facer reconto e as directivas dos clubs de fútbol van convocando as asembleas anuais.
No caso do CD Rúa, a actual directiva vén de dimitir, convocando unha asemblea extraordinaria para o vindeiro martes 16 de xuño ás 20:30 horas no propio campo de fúbtol Vicente Solarat Maceda, con tres puntos na orde do día: presentación de candidaturas, votación en caso de ser necesario e formalización da nova xunta directiva.