ConcellosÚltima horaVilamartín

Dimite “por motivos estritamente persoais” o alcalde de Vilamartín, o socialista Enrique Álvarez Barreiro

Imaxe dunha sesión plenaria en Vilamartín, presidida por Enrique Álvarez./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Deixa o cargo de alcalde de Vilamartín e tamén a súa acta polo PSdeG-PSOE e, desa forma, pon fin a unha traxectoria política municipal de 15 anos. Enrique Álvarez Barreira, que goberna con maioría absoluta, anunciaba esta mañá nunha sesión plenaria da Corporación vilamartinesa a súa decisión, tomada “por motivos de estrita índole persoal, presento a miña renuncia voluntaria e persoal ao cargo”.

Así mesmo, tiña palabras de agradecemento para a veciñanza do municipio “durante o tempo que tiven a honra de exercer esta gran responsabilidade”. E tras ler o papel da súa renuncia, procedía a asinala. “Esta é unha situación difícil para min, cústame moito, son 15 anos dedicado a este Concello, é moi complicado pero a familia neste momento requíreme e teño que atender á familia”.

Dende a oposición, o voceiro do grupo municipal do PP, Jose Pinto, agradecíalle o servizo prestado ao Concello.

Prevese que o pleno no que fará efectiva a súa renuncia como alcalde sexa convocado para o 8 de xuño.

Back to top button