OurenseÚltima hora

Dispositivo da Dirección Xeral de Tráfico con motivo das peregrinacións aos Milagros (Baños de Molgas)

Cedida.

 

Con motivo das peregrinacións ao Santuario da Nosa Señora dos Milagros (Baños de Molgas), a Xefatura de Tráfico de Ourense informa de que o venres 1 de setembro vaise instalar desde as 21:00 horas da noite ata as 02:00 horas xa na madrugada do sábado día 2, unha carpa para atención aos peregrinos.

Esta carpa estará situada nunha marxe da estrada autonómica OU-101 (Ourense-Maceda) á altura de As Campinas (Paderne de Allariz), punto quilométrico 9.1 da citada vía e lugar de maior paso de peregrinos dirección ao santuario.

 

Foto do lugar onde se instalará a carpa, OU-101, pk 9.1, na zona das Campinas./ Cedida.

 

Na carpa de Protección Civil estarán presentes persoal de Tráfico (patrulla, capitán e sefe provincial) e Protección Civil (responsable provincial e voluntarios de Baños de Molgas e Pereiro de Aguiar), Cruz Vermella e disporase de diferente material de axuda (caixa de primeiros auxilios sanitaria, pezas reflectoras…) para efectuar a peregrinación coa máxima seguridade posible para todos os cidadáns que a pé ou en bicicleta circulen sentido Os Milagros.

Así mesmo, reforzarase a vixilancia e asistencia nas rutas habituais de chegada ao santuario por parte de diferentes patrullas da Garda Civil de Tráfico.

Artigos relacionados

Back to top button