A palabra feita historia, aderezada dunha fonda tradición napolitana,, pero tamén a palabra feita canción e teatro. Simone Negrin subíase na tarde do 15 de xullo ao escenario do XIII Ciclo “De Perto”, nos Xardíns da Casa Grande Viloira (O Barco) co seu espectáculo “E logo naceu a pizza: historias napolitanas”.
Negrin comezaba tocando o acordón mentre cantaba “O sole mio” e lembrando a súa chegada a Galicia como Erasmus, anos atrás, e a partir de aí comentaba os numerosos puntos en común coa súa terra, Nápoles. Dende a propia lingua, pasando polo “relativismo galego” ata a espiritualidade ou mesmo a cociña, comparando a pizza coa empanada de xoubas.
Toda unha proposta chea de historias divertidas, entretidas e conmovedoras, alternadas con cancións napolitanas tocadas en directo (coa guitarra e o acordeón), coa que este este director, actor, músico e pedagogo encadilaba ao público.
Fotos: A.R.