DeportesÚltima hora

Dobre ouro para Aarón Pérez (Adas Cupa) no galego Sub16 de pista curta

Aaron Pérez, no podio do campionato galego Sub16 de pista curta./ Foto: FGA.

 

Dúas veces se subía ao podio o valdeorrés Aarón Pérez Giraldo (Adas Cupa do Barco) no Campionato de Galicia Sub16 de pista curta que se celebraba na pasada fin de semana en Expourense. Este atleta facíase cun dobre ouro.

Primeiro vencía na proba dos 60 m cunha marca de 7.16 e logo proclamábase tamén campión galego no triplo salto cun rexistro de 12.72.

Artigos relacionados

Back to top button