DeportesÚltima hora

Dobre ouro para o Adas Cupa no Campionato de España de 5 km máster, en Negreira

 

Con dous títulos nacionais regresaba o Club Adas Cupa do Barco do Campionato de España de 5 km máster en ruta, que se celebraba o 15 de novembro na localidade de Negreira. Así o equipo feminino que competía na categoría F45 proclamábase campión de España, cun tempo de 59:11. Estaba formado por Esther Rodríguez, Iria Fernández, Martina Tasende e Elena Ledo. En segunda posición quedaba a SD Compostela Atletismo e na terceiro Danako Athletics CD.

 

 

Ademais, o equipo masculino do Adas Cupa M35 tamén se facía co ouro neste campionato de España, cun rexistro de 51:39. Del formaban parte Emilio Pérez, Alejo Ares e Guillerme Denis Castrillo. A prata era para o Cerezal Team e o bronce para o Club Atletismo Sar.

Na cita tamén participaban outros equipos do club na categoría M50, que obtiña unha quinta posición, e en M40, co sexto posto.

Fotos: FGA.

Back to top button