Nesta fin de semana o atleta veterano valdeorrés Paco Bao (Club Adas Cupa) participaba no XIX Campionato galego de atletismo máster en pista cubierta, celebrado en Expourense, no que lograba dous ouros na súa categoría: un en lanzamento de peso e outro en salto de lonxitude.
Era a súa proba 698 e xa pensa na seguinte. “A 699 será na Pobra de Trives e a 700 en Quiroga, xa o 24 de febreiro”, adianta o atleta.
Fotos cedidas.


