SanidadeÚltima hora

Doce pacientes oncolóxicas da área sanitaria ourensá, nun obradoiro para o coidado da pel e maquillaxe

Esta actividade, denominada “Ponte guapa, sentirás mellor”, está orientada a apoiar a mulleres con cancro, axudándoas a restablecer a súa propia imaxe, recuperar a autoestima e levar adiante a súa loita contra a enfermidade

 

O Servizo de Atención ao Paciente e Humanización da Área Sanitaria de Ourense e a Fundación Stanpa ofreceron esta mañá un novo obradoiro presencial para o coidado da pel e maquillaxe orientado para apoiar a mulleres con cancro, axudándoas a restablecer a súa propia imaxe, recuperar a autoestima e levar adiante a súa loita contra a enfermidade con maior confianza, a través da implantación en España do programa internacional “Ponte guapa, sentirás mellor”.

Nesta actividade estiveron presentes a Directora de programas da Fundación Stanpa, María Muñoz Benavides, dous profesionais de estética voluntarias que impartiron o obradoiro, Pury González e Lourdes Sorga, a Supervisora de Enfermaría da Unidade de Oncoloxía, Loli Fernández, e a Coordinadora de voluntariado da AECC en Ourense, Belén Pérez Ramos.

Esta actividade que comezou en Ourense na época da pandemia COVID, na súa versión on-line a través dunha plataforma virtual, mudou o pasado ano á forma presencial e na mañá de hoxe trasladouse á cuberta terapéutica do Novo hospital.

Nesta ocasión un grupo de doce pacientes recibiron os consellos destas voluntarias profesionais da beleza que as guiaron a través dos 12 pasos esenciais para o coidado da pel e o uso da maquillaxe.

Estes obradoiros son promovidos pola Fundación Stanpa, que é unha organización sen ánimo de lucro promovida pola Asociación Nacional de Perfumería e Cosmética, e colaboran en estreita coordinación cos equipos de oncoloxía e enfermería oncolóxica dos hospitais e coa axuda da Asociación Española contra o cancro organizando periódicamente estas actividades grupais para o coidado da pel e o maquillaxe.

 

 

 

Belen Piñeiro, xefa de Servizo de Atención ao paciente e Humanización do Hospital Universitario de Ourense, resalta “a importancia desta actividad grupal que é moi gratificante para as mulleres participantes porque as empodera no proceso da súa enfermidade e aumenta de xeito considerable a súa autoestima”.

Os produtos cos que levan a cabo os obradoiros, son doados polas empresas e expertos en cosmética. Así mesmo, conta coa participación de voluntarios especialmente formados para ensinar aos pacientes para recuperar a súa expresión tras os efectos adversos dos tratamentos oncolóxicos. O valor está en que, nesta etapa especialmente difícil para a muller, a cosmética é un instrumento de apoio para manter a autoestima, a confianza e a forza necesarias para enfrontarse á enfermidade.

A directora de programas da Fundación Stanpa, María Muñoz Benavides resalta que “existe evidencia da relación entre a participación das mulleres neste tipo de actividades e a súa mellora do estado de ánimo. Durante o tratamento, o corpo, cabelo ou pel poden experimentar algúns cambios, así que pódense adaptar os coidados ás novas necesidades porque coidar o aspecto, ademais de mellorar o estado de ánimo, diminúe o nivel de ansiedade, aumenta a autoestima e facilita a interrelación coas persoas”.

Fotos cedidas.

 

Back to top button