Dende as nove da mañá deste sábado 13 de decembro estase a celebrar no campo do Aguillón, a II edición do Gran Bolazo Navideño, o torneo organizado polo Club Petanca A Rúa.



Nesta ocasión, no torneo participan doce tripletas dos clubs da Rúa, O Barco e Petín e está patrocinado pola Deputación de Ourense, a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello da Rúa.
Trala parada para xantar reanudarán as partidas arredor das 15 horas. Haberá premios para as tres primeiras tripletas e tamén un de consolación e agasallo para todos os participantes.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.