CulturaCulturaÚltima hora

‘Dopamina Zero’, a curta de Rodrigo Marini rodada no Barco, presentarase o 25 de novembro no Teatro Lauro Olmo

 

Chegou o día. Sete meses despois da intensa rodaxe no Barco de Valdeorras, o equipo de Dopamina Zero, a curtametraxe sobre o Parkinson de inicio temperán dirixida por Rodrigo Marini e protagonizada por Juan José Ballesta, Veki Velilla e Cristina Mediero volven a Valdeorras para presentar o proxecto cinematográfico.

O vindeiro martes 25 de novembro ás 18:30 horas darán unha rolda de prensa e despois faranse dous pases técnicos da curta, un ás 19 e outro ás 20:30 horas.

Dende o Concello do Barco, que colabora coa curtametraxe, indican que as invitacións para o primeiro pase poden recollerse na propia taquilla do cine desde unha hora antes, e tamén no terceiro andar do Multiusos, ata agotar as existentes. O segundo pase será libre ata completar aforo.

 

Back to top button