
Dopamina Zero, a curtametraxe dirixida por Rodrigo Marini e protagonizada entre outros por Juan José Ballesta, con selo 100% valdeorrés, segue sumando premios. Tal como informa orgulloso o propio Marini, vén de gañar o premio á Mellor Curtametraxe Nacional en CinemArt Pineda de Mar (Barcelona); e á Mellor Narrativa Musical no Kursaal Donostia de San Sebastián; ademais dunha Mención Especial na 48 Semana de Cine de Lugo.
E xa o 2 de outubro, porá o broche á Sección “Made in OU” no OUFF, en Ourense.
