CulturaCulturaÚltima hora

Dopamina Zero, o filme de Rodrigo Marini rodado no Barco, na Sección Oficial da 27ª Mostra de Curtas Vila de Noia

Unha das imaxes de ‘Dopamina Zero’ no Malecón do Barco.

 

“Imos levar a Valdeorras ata o máis lonxe que nos deixen chegar”. É a idea que o director Rodrigo Marini se propuxo, e está cumprindo, co seu traballo máis persoal, a curtametraxe sobre o Párkinson Dopamina Zero, rodada na capital valdeorresa e protagonizada entre outros por Juan José Ballesta, que non deixa de recibir premios e formar parte dalgunhas das mostras de cine máis destacadas.

A próxima na que estará  presente, do 4 ao 14 de novembro, é a 27ª edición da Mostra de Curtas Vila de Noia, “novo festival calificador para os Goya”, como unha das 35 seleccionadas para formar parte da Sección Oficial. Dende a organización, felicitan aos “máis dun millar de proxectos participantes pola calidade do seu traballo e por continuar ensanchando as fronteiras do cinema curto e desta Mostra”.

Back to top button