CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Dous alumnos con excelencias académicas no IES Martaguisela do Barco e un 97% de aprobados na PAU

 

Dende o IES Martaguisela do Barco informan dos excelentes resultados conseguidos polo seu alumnado nas probas da PAU 2025, cuxos resultados se coñecían na tarde do 12 de xuño. Así dos De 46 alumnos que se presentaban aos exames, “aprobaban o 97% a falta das reclamacións”, din dende o centro.

Ademais este instituto conta con dúas excelencias académicas: as de Ana Ruiz Arias e Diego Nogueiras Pérez. Dende o IES Martaguisela tamén resaltan “a dificultade das probas deste ano. Era un modelo novo desde a pandemia, que expuña o desafío de adaptarse. Con todo o centro está satisfeito e felicita ao seu alumnado e profesorado”.

Back to top button