DeportesÚltima horaVídeos

Dous ciclistas do grupo de “Retos Solidarios” do Barco, ganadores en 12h. da I Carreira Mussara en Madrid

 

As bicicletas convertíanse en protagonistas no Circuíto do Jarama na fin de semana do 27 e 28 de setembro. Era o escenario da primeira edición da Mussara Comunidade de Madrid, unha singular carreira ciclista con 400 participantes organizados en máis de 80 equipos.

Os ciclistas daban voltas por relevos ao circuíto ao longo de 12 horas ou ben de 24 horas, dependendo da súa categoría.

 

 

Na proba de 12 horas os equipos competían sen descanso entre as 11h. e as 23h. da noite do mesmo día. Na proba de equipo, os ganadores eran dos ciclistas do grupo das “Rutas Solidarias” do Barco: Víctor López e Juan Carlos “Coleti”, que formaban parte do equipo Ciclored. Acudían a esta cita dun xeito reivindicativo polos incendios que asolaban o noroeste (provincias como Ourense, Zamora e León) no pasado verán.

 

 

Fotos e vídeo cedidos.

 

 

Back to top button