A RúaConcellosÚltima hora

Dous feridos nun accidente de tráfico na Rúa

 

Din que as desgrazas nunca veñen soas e ao desastre que está preovocando o incendio que afecta a Valdeorras dende hai case unha semana, súmanse os accidentes.

Na madrugada deste luns 18 de agosto, arredor das 3:45 horas producíase un de tráfico no centro da vila da Rúa, no que se vía implicado un vehículo que chocaba contra a parede dunha casa na rúa Progreso. A consecuencia do impacto resultaban feridas dúas persoas que eran trasladadas polo 061 ao hospital do Barco, tal como indican dende os servizos de emerxencia.

Ao lugar dos feitos acudían dous voluntarios de Protección Civil da Rúa, o 061, a Garda Civil, a Garda Civil de Tráfico, persoal de Mantemento de Estradas e unha parella de militares que están na zona colaborando contra o incendio.

Fotos cedidas.

Back to top button