OurenseÚltima hora

Dous feridos nun accidente entre un coche e un camión, en Punxín

 

Dúas persoas resultaban feridas nun accidente que tiña lugar de madrugada en Punxín entre un coche e un camión, tal como explican dende o 112 Galicia indicando que foi preciso empregar o material de excarceración para liberar ao camioneiro.

O primeiro aviso por este accidente tiña lugar arredor das 4:30 horas. “O alertador que contactou co 112 Galicia indicou que había un camión envorcado atravesado na vía e un turismo con danos no quilómetro 81 da AG-53”, explican os xestores do 112 Galicia que avisaban ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Carballiño e á Garda Civil de Tráfico.

“A dotación de bombeiros indicou que tivo que excarcerar ao condutor do camión, ferido leve. Tamén foi preciso rescatar ao do coche, xa que o atoparon inconsciente logo de saír despedido tralo do accidente”, din.

 

 

 

Back to top button