ConcellosLaroucoPetínÚltima hora

Dous feridos nun choque na OU-533 entre Petín e Larouco

Na noite deste xoves 26 de febreiro producíase un accidente de tráfico na OU-533 entre os concellos de Petín e Larouco no que se vían implicados dous coches que chocaban frontalmente, tal como explican os servizos de emerxencia.

O accidente tiña lugar pasadas as 9:30 horas e a única ocupante dun dos coches tiña que ser excarcerada polos bombeiros do parque comarcal.

Tamén acudían a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Larouco e Petín, e dúas ambulancias que trasladaban ata o HPV aos ocupantes de ambos vehículos (un en cada un).

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button