
Novo accidente de tráfico no Barco de Valdeorras en menos de vintecatro horas, nesta ocasión cun coche e unha moto implicados e dous feridos.
A colisión producíase arredor das 23:45 horas do sábado 27 de decembro na céntrica rúa Eulogio Fernández e, tal como indican dende o 112 Galicia, “o alertante que daba o aviso indicaba que había persoas feridas de carácter leve” que finalmente eran trasladadas ao Hospital Público Valdeorras “aínda que a Policía Local fala tamén de feridos leves”, destacan.
Dende o 112 informaban do accidente ao 061, aos bombeiros do parque comarcal, ao GES Valdeorras e á Policía Local do Barco de Valdeorras.
