DeportesÚltima hora

Dous ouros para as Escolas Deportivas de Trives no galego Sub14 de atletismo

Os atletas triveses seguen subíndose ao podio. Así, na pasada fin de semana, o 15 de xuño os membros das Escolas Deportibas de Trives participaban no XXXIV Campionato galego Sub14 en pista no que colleitaban dous metais. Así, Antón Prieto era medalla de ouro nos 150 m e tamén nos relevos 4×80 m.

 

 

O resto dos atletas triveses tamén facían unha boa actuación era o caso de Deva Posada e Ana Baslo en peso 3 kg e disco 800 ramos, Eduard Nicolás (peso 3 kg, xavelina 500 gramos), Martín Rodríguez (peso 3 kg, disco 800 gramos) e Alejandra Prieto nos 1.000 m. Todos eles competían coa camiseta do Club Adas Cupa do Barco.

“É un orgullo ter a estes atletas todos os anos no campionato galego, se sempre tendo bos resultados”, sinala o seu adestrador, Tino Sierra.

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button