OurenseÚltima hora

Dous veciños de Río, entre o profesorado dun dos cursos de verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo

O alcalde deste municipio e o fundador de Aldealista participan no curso El Camino hacia la Economía de Impacto”, que está a desenvolver en Santander

 

O Palacio da Magdalena en Santander, sede histórica dos cursos de verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP), acolle estes días o V Encontro “O Camiño cara á Economía de Impacto”, un foro nacional sobre innovación social, financiamento e impacto territorial. O encontro reúne durante tres xornadas a referentes do ámbito empresarial, académico e institucional.

Entre o profesorado acreditado figura o alcalde de San Xoán de Río, Xosé Miguel Pérez “Chemi”, que intervirá o 8 de xullo na sesión “Habitar o territorio: Vivenda, arraigamento e novas soluciones de impacto”, onde comparte a experiencia dun pequeno municipio que converteu a vivenda e a repoboación nunha estratexia de futuro.

Ao día seguinte, Juan Carlos Pérez, tamén veciño do municipio de San Xoán de Río e fundador de Aldealista, participará na mesa “Crear valor para economías resilientes”, centrada en novos modelos económicos capaces de fortalecer os territorios desde o impacto social. A coincidencia chamou a atención entre os asistentes ao encontro, ao comprobar como un municipio de apenas 520 habitantes consegue esta presenza académica.

A presenza conxunta do alcalde e do fundador de Aldealista, aseguran ambos, simboliza “unha nova forma de entender o desenvolvemento rural: cando a innovación nace desde os pobos, son os pobos os que terminan ensinando nas universidades”.

Back to top button